Ir al contenido principal

Entradas

EU SON MARUJA MALLO

Exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo  “EU SON MARUJA”  As obras foron realizadas polo alumnado de bacharelato de Debuxo Artístico, dirixido pola profesora Luz Beloso, e comisariadas polo alumnado de Economía  dirixido pola profesora M Jose Soto .
 A mostra consta dunha serie de instalación e distintas obras artísticas (tridimensionais nalgúns casos), ao redor da GRAN MARUJA MALLO, muller e artista galega de carácter transgresor á que este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas.
Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, ademais de obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc. Tamén podemos atopar as últimas tendencias no campo das animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada, coa pretensión de encher o espazo do espíritu surrealista de Maruja, onde o espectador é convidado a moverse ao redor da peza e interactuar con ela.
Esta exposición homenaxe pretende ser un alegato en defensa dos dereito…
Entradas recientes

MARUJA MALLO, A mensaxe do mar

Pronto celebramos o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo.
Empezamos interpretando a obra "A mensaxe do mar ,  pronto pasaremos á fase produción,  animación, e exposición o 1 de ABRIL
Os alumnos e alumnas de debuxo artístico atópanse na fase de produción artística, estamos envoltos na preparación dunha exposición homenaxe , onde teremos todo tipo de obra , desde instalacións artísticas, animacións, arte dixital a ilustracións e obra gráfica variada do alumnado ao redor desta xenial artista .




ILUSTRACIÓNS






Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo

Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo
 Para este proxecto artístico inspirámonos no movemento artístico Land art: a natureza como lenzo .

O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións no observador.
Nesta 1º fase da que teremos algunhas accións máis utilizamos os elementos naturais de forma sustentable na práctica das nosas  creaciónes.
Dentro do Proxecto transformando realidades utilizamos como lenzo as follas secas que nos atopamos estes días no patio do noso IES, este é o noso  tributo á natureza, transformando as follas en interpretacións de obras de arte e dándolles unha segunda vida.

Tamén queremos cambiar o  hábito de usar e tirar tan arraigado na nosa sociedade  e educar na reciclaxe  , todo pode ser transformado nunha obra de ARTE , inspirandonos no Drap-Art  , e apostando por unha ARTE SUSTENTABLE

Despois do traballo na folla , realizouse unha foto composición que será a obra expos…

"ROSALÍA AS BARXAS" ,1º ACCIÓN -"BERRAN os MUROS"

ROSALÍA AS BARXAS é un traballo fruto da coordinación  do EDNL (Brais Pérez ) e  o departamento de educación plástica do IES as Barxas. 
Aquí deixo este vídeo  co proceso de realización do MURAL  "ROSALÍA AS BARXAS"  realizado polas miñas alumnas e alumnos de DEBUXO ARTÍSTICO de 1º BACH , contamos coa axuda dos alumn@s de EDUCACIÓN PLÁSTICA de 4º ESO e do seu profe Chema, que se encargaron de preparar o muro e pintalo de branco.

Unha vez preparado o muro , realizamos o  deseño dixital do mural , unha mestura entre "a liberdade guiando ao pobo" e a nosa querida  Rosalía, xunto a ela, unhas rosas violeta, símbolo dun "remuiño violeta" nacido o ano pasado no corazón do IES as Barxas .

 Para finalizar incluímos un código QR que vos levará a un vídeo poema dos alumn@s de 2º Bach de debuxo artístico , premiado o ano pasado no festival audiovisual Olloboi.


A nosa inspiración, un mural de Banksy creado  nunha parede situada fronte á embaixada francesa en Londres, no …

"Non somos invisibles. Que a endometriose tampouco o sexa"

Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .
https://www.diagonalperiodico.net/cuerpo/26452-si-la-sufrieran-hombres-la-endometriosis-estaria-mas-investigada.htmlhttps://querendomulleresconendometriose.wordpress.comA idea da curta xurdiu do texto da páxina de facebook  https://www.facebook.com/querENDOmulleresconendometriose/

Nos esperamos que esta tea de araña desapareza  e querEMOSque se investigue axiña .

E…

MURAIS que CONTAN , " Lenda da Paralaia"

Murais que contan , en Samaín unha lenda, un traballo  froito da coordinación do Departamento de educación plástica do IES As Barxas e o EDLN 














Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO
Voces alumnado da ESO do EDLN
Obradoiro plásticasbarxas
EDLN Lingua que traba
Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/) Artista: http://audionautix.com/ LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)

AcercARTE , Moaña +Buenos Aires, “algo de mi lugar en el tuyo” ANTONIO+JESSICA ALFANO

FOTOMONTAJE ANTONIO 


Deixo aquí unha ligazón con todos os códigos QR elaborados  por Marcela Giuffridacos marabilloso traballos dos seus alumn@s.

https://drive.google.com/drive/folders/0B4WWYqflG_88dzBjb09pbUdCajg