miércoles, 14 de diciembre de 2011

INTERPRETANDO AS MENINAS


  • Aquí temos os resultados do exercicio de interpretación , mención especial á interpretación de Alex que nunca deixa de sorprenderme.

Alex Lago
  • Mesturando ,sempre mesturando vídeo , animación, pintura e fotografía. Por que non ?, unhas meninas de carne e óso
    Feliz Nadal moz@s .

           VER ACTIVIDADE :ENLACE

    domingo, 27 de noviembre de 2011

    INTERPRETANDO AS MENINAS


    http://en.wikipedia.org/wiki/File:Las_Meninas,_by_Diego_Velázquez,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg

    Neste exercicio imos aplicar varias técnicas .
    Reinterpretaremos a coñecedísima e numerosas veces xa interpretada pintura "as MENINAS" de  Diego Velázquez.
    Déixovos estas imaxes para que vos iluminen na vosa tarefa.
    O traballo desta semana será o seguinte cada día un exercicio:

    • 1º exercicio : interpretación do cadro utilizando a técnica de collage ( texturas )
    • 2º exercicio : interpretación do cadro descompondo en formas simples (xeométricas) cores planas (acrílico,pastel)
    • 3º exercicio : interpretación do cadro tomando como referencia un elemento de detalle do mesmo (pastel, acrílico, acuarela , gráfito ou carbón)
    • 4º exercicio: interpretación do cadro desde unha visión persoal ..o a doutro pintor...¡¡¡imaxinarvos que sodes Matisse e queredes interpretar as meninas....ou o mismiso Picasso¡¡....ou que queredes facer un anuncio de moda para o corte inglés..sorprenderme ¡¡¡ 
                            (vale foto , vídeo ou  pintura)


      jueves, 17 de noviembre de 2011

      A ARTE É VIDA, A VIDA É ARTE


      "Todo ser humano é depositario dunha forza creativa"
      "Existe unha creatividade latente en todas as esferas do traballo humano"
      "Cada acto é unha obra de arte "
      "O día en que os artist@s , e con este termo entendo a todos os homes e mulleres creador@s, se den conta da forza revolucionaria da arte, entendida precisamente como creatividade, comprenderán que arte e a ciencia teñen os mesmos obxectivos. Por iso afirmo: "A revolución somos nós" en todas as miñas accións trato de que o home tome conciencia das súas posibilidades creativas, as únicas que poden darlle a liberdade".
      "Creo que o sistema non ten ningún instrumento adecuado de loita contra o desexo de liberdade do home". 
      Estas son algunhas frases de Joseph Beuys o responsable da introdución do happening en Europa e en Alemania a comezos da década dos 60, e tamén da evolución da chamada "Arte da acción" que comprende o suceso ou acción artística 
      Hoxe non buscamos o parecido, hoxe decidimos pintar  a felicidade.
       Non tratamos de pintar vida, tratamos de facer viva a pintura, non temos modelos nin a escravitude de buscar un parecido só queremos sentir a pintura , a súa maxia , a súa lixeireza, a súa intensidade, mesturarnos con ela e gozar co ACTO de pintar, sen medos , con confianza , con LIBERDADE.
      Da pintura de obxectos á pintura como obxecto.
      Hoxe seguimos a Joseph Beuys e temos tod@s o rostro cuberto de mel.


      videoarte on PhotoPach













            Facede da vosa vida unha obra de arte

        miércoles, 9 de noviembre de 2011

        PINTURA EN ACCIÓN -Action painting


        Un novo exercicio inspirado no  vídeo CRASH de SUSO 33.  ¡¡ACCCCTIÓNNN PAINTIIIIINGGG¡¡¡¡¡¡ LIBERASSAOOOOOO¡


        • Realización dun debuxo de gran formato que traballaredes en tempo record .
        • O obxectivo será o desenvolvemento das técnicas e prácticas de captación, retención e expresión das formas naturais na súa dinámica vital e funcional, baseados lóxicamente no debuxo dun modelo, trátase de chegar a superar o concepto de debuxo estático, percibindo o dinamismo vital que a propia pintura ten: PINTURA + ACCIÓN
        • SUSO 33



        OBXECTIVOS:
        1. Ruptura total co referente real , non precisaremos que se pareza á modelo , captaremos a súa esencia.
        2. Predominio do espontáneo.
        3. Valoración do accidental e explotación do azar como recurso operativo.
        4. O que nos importa é o procesoacto de pintar máis que o contido.
        5. Predominio do trazo gestual en expresións de gran dinamismo.
                 Un representante deste movemento é  Jackson Pollock(1912-1956) http://www.jacksonpollock.com/ , e o seu"Action painting" , que consistía en situar o lenzo (sempre de grandes dimensións) a rentes do chan e utilizar os pinceis de forma ríxida, contundente e con movementos rápidos, bruscos e autómatas. Busca o desprazamento do propio artista ao redor do lenzo para sincronizar ese movemento. Isto é a clave que representa o carácter marcado da súa obra . Desta gran concepción da pintura desátase outra das técnicas creadas por este gran xenio; o "dripping". Isto consiste na utilización da pintura con toda a súa propia vitalidade e dinamismo puro.

        martes, 8 de noviembre de 2011

        BODEGÓN DO REVÉS








        Un GRAN libro "Aprende a debuxar co lado dereito do cerebro" de Betty Edwards.
        Betty Edwards realiza un traballo estupendo axudándonos na aprendizaxe do debuxo usando principalmente o hemisferio dereito do cerebro. Podes observar como cuns simples exercicios de desconexión ao lado esquerdo obtés moi bos resultados. 


        Copiar un debuxo do revés, é un dos exercicios que expón Betty Edwards, e a profre ( eu mesma) non dubida en polo en práctica.


         Sei que é duro nen@s , pero  é  moi útil para aprender a debuxar, .. esperar e veredes...."...dar cera ..........puír cera"


        OS RESULTADOS :
        ALEX

        AARÓN 
        ADRI

        SARA

        SILVIA

        SILVIA

        ÁNGELA



        miércoles, 2 de noviembre de 2011

        Bodegón desta semana

        O noso bodegón resistiu esta ponte ( o frío da aula serve para algo), os doces están duros como unha pedra , a laranxa vinda a menos.
        Tres sesións .





        Os vosos debuxos, TODOS, como vos prometín.