Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

INTERPRETANDO AS MENINAS

Neste exercicio imos aplicar varias técnicas .
Reinterpretaremos a coñecedísima e numerosas veces xa interpretada pintura "as MENINAS" de  Diego Velázquez.
Déixovos estas imaxes para que vos iluminen na vosa tarefa.
O traballo desta semana será o seguinte cada día un exercicio:

1º exercicio : interpretación do cadro utilizando a técnica de collage ( texturas )2º exercicio : interpretación do cadro descompondo en formas simples (xeométricas) cores planas (acrílico,pastel)3º exercicio : interpretación do cadro tomando como referencia un elemento de detalle do mesmo (pastel, acrílico, acuarela , gráfito ou carbón)4º exercicio: interpretación do cadro desde unha visión persoal ..o a doutro pintor...¡¡¡imaxinarvos que sodes Matisse e queredes interpretar as meninas....ou o mismiso Picasso¡¡....ou que queredes facer un anuncio de moda para o corte inglés..sorprenderme ¡¡¡                         (vale foto , vídeo ou  pintura)


O misterio das MENINAShttp://jmora7.com/Meninas/index.h…

A ARTE É VIDA, A VIDA É ARTE

"Todo ser humano é depositario dunha forza creativa"
"Existe unha creatividade latente en todas as esferas do traballo humano"
"Cada acto é unha obra de arte "
"O día en que os artist@s , e con este termo entendo a todos os homes e mulleres creador@s, se den conta da forza revolucionaria da arte, entendida precisamente como creatividade, comprenderán que arte e a ciencia teñen os mesmos obxectivos. Por iso afirmo: "A revolución somos nós" en todas as miñas accións trato de que o home tome conciencia das súas posibilidades creativas, as únicas que poden darlle a liberdade".
"Creo que o sistema non ten ningún instrumento adecuado de loita contra o desexo de liberdade do home". 
Estas son algunhas frases de Joseph Beuys o responsable da introdución do happening en Europa e en Alemania a comezos da década dos 60, e tamén da evolución da chamada "Arte da acción" que comprende o suceso ou acción artística 
Hoxe non buscamos o p…

PINTURA EN ACCIÓN -Action painting

Un novo exercicio inspirado no  vídeo CRASH de SUSO 33.  ¡¡ACCCCTIÓNNN PAINTIIIIINGGG¡¡¡¡¡¡ LIBERASSAOOOOOO¡

Realización dun debuxo de gran formato que traballaredes en tempo record .O obxectivo será o desenvolvemento das técnicas e prácticas de captación, retención e expresión das formas naturais na súa dinámica vital e funcional, baseados lóxicamente no debuxo dun modelo, trátase de chegar a superar o concepto de debuxo estático, percibindo o dinamismo vital que a propia pintura ten: PINTURA + ACCIÓNSUSO 33


OBXECTIVOS:
Ruptura total co referente real , non precisaremos que se pareza á modelo , captaremos a súa esencia.Predominio do espontáneo.Valoración do accidental e explotación do azar como recurso operativo.O que nos importa é o procesoacto de pintar máis que o contido.Predominio do trazo gestual en expresións de gran dinamismo. Un representante deste movemento é Jackson Pollock(1912-1956) http://www.jacksonpollock.com/ , e o seu"Action painting" , que consistía en si…

BODEGÓN DO REVÉS

Un GRAN libro "Aprende a debuxar co lado dereito do cerebro" de Betty Edwards.
Betty Edwards realiza un traballo estupendo axudándonos na aprendizaxe do debuxo usando principalmente o hemisferio dereito do cerebro. Podes observar como cuns simples exercicios de desconexión ao lado esquerdo obtés moi bos resultados. 


Copiar un debuxo do revés, é un dos exercicios que expón Betty Edwards, e a profre ( eu mesma) non dubida en polo en práctica.


 Sei que é duro nen@s , pero  é  moi útil para aprender a debuxar, .. esperar e veredes...."...dar cera ..........puír cera"


OS RESULTADOS :








Bodegón desta semana

O noso bodegón resistiu esta ponte ( o frío da aula serve para algo), os doces están duros como unha pedra , a laranxa vinda a menos. Tres sesións .




Os vosos debuxos, TODOS, como vos prometín.