Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2012

Un retrato con corazón

Esta trimestre un dos exercicios que os meus alumn@s de debuxo  realizaron consistía en escoller o seu propio proxecto artístico, interpretación a realizar, e ata a técnica a empregar ( acrílico ou carbón), eu adapteime ás súas necesidades.
 Melanie, foi valente,quería facer un RETRATO.
 O motivo escollido por ela é froito do amor e do recordo indeleble que o seu avó deixouna súa vida ,  a admiración e o agarimo que Melanie sente por el vese reflectido neste retrato,moitas horas de traballo e tardes fóra de horario escolar dan como resultado este fermoso debuxo.
 Parabéns Melanie¡¡.

REINTERPRETANDO "MATA MUA"

Neste exercicio os alumn@s debían realizar unha interpretación animada da coñecida obra de Gauguin "MATA MUA" , partindo duns coñecementos previos(ver ENLACE), que se atopan na  web "de aquí pintamos todos" do Museo Thyssen-Bornemisza, onde podedes gozar dun gran número de recursos de interese para a educación artística.  Estes son os meus  artístas de 1º de Bacharelato 

  E esta é a reinterpretación ANIMADA  , unha mistura de stop motion , ilustración dixital e animación 2d , espero que vos guste. INTERPRETANDO MATA MUA por MELANY

A NOSA REINTERPRETACIÓN FOI A SELECCIONADA POR "AQUI PINTAMOS TODOS "EN EDUCA THYSSEN http://www.aquipintamostodos.es/page/reinterpretaciones



REINTERPRETANDO A: Paul Gauguin Mata Mua ,1892

Mural Samaín, reinterpretando a Tim Burton

Este ano @s meus alumn@s de 1º de BACH. de debuxo artístico reinterpretaron a obra de Tim Burton. Decidiron facer uns  murais  para a biblioteca do noso IES co motivo do Samaín sobre un sinxelo papel continuo negro e con xices de cor , déixovos aquí  o seu traballo.








E de paso preséntovos ao novo grupo de debuxo artístico , co que teño preparados unha chea de proxectos.
Ana Gil, Melany Pequeño, Ángel Currás, Eva Pérez, Melania Alves, Jessica Chantada,(os meus artistas) Exposición en Madrid de Frankenweenie Como se fixo Frankenweenie

INTERPRETANDO A CURRO GONZÁLEZ EN EDUCA BARRIÉ

Interpretando CURRO GONZÁLEZ DE AUDEN (DE BRUEGEL)  2008 en EDUCA BARRIÉ : http://www.educabarrie.org/blogs/educa/interpretando-curro-gonzalez

AS NOSAS "MENINAS PLÁSTICAS" NO ESPAZO ABALAR

A nosa  interpretación da obra das Meninas utilizando diversas técnicas foi recollida no blog de Experiencias 2.0 do Espazo Abalar.
Ver enlace

INTERPRETACIÓN DUN CADRO: FUNDACIÓN BARRIE

INTERPRETACIÓN DE :
CURRO GONZÁLEZ
DE AUDEN (DE BRUEGEL) | 2008
TÉCNICA MIXTA SOBRE TELA
95 X 100 CM
VER ACTIVIDADE :ENLACEVER EN EDUCABARRIÉ: ENLACE

ANTONIO TÁPIES

INTERPRETACIÓN DESTA SEMANA . Retrato de Kiki, Man Ray (1926)

Man Ray é un dos fotógrafos máis importantes do dadaísmo estadounidense da primeira década de século XX xunto a Marcel Duchamp e Francis Picabia, así como do surrealismo europeo dos anos vinte e trinta. O seu papel en devandito movemento comezou tras un longo período de aprendizaxe en diversos lugares. Primeiro en Nova York, a través dos consellos do fotógrafo Stieglitz, quen lle insiste para que participe na famosa exposición do Armory Show (1913), cuxo escándalo converteuna no punto de partida da vangarda norteamericana. E, despois en París, os seus primeiros traballos encamíñanse cara ao cubismo e cara a investigacións persoais coa realización de pinturas con aerógrafo como Seguidilla (1919). Tratábase de crear unha nova arte, combinando a pintura e a fotografía para chegar á maior confusión entre unha e outra.
REALIZAR TRES INTERPRETACIÓNS CON DISTÍNTOS NIVEIS DE ICONICIDAD.VER NIVEIS NA FOTO

EXEMPLO



Interpretación desta semana, FUNDACIÓN BARRIE

CURRO GONZÁLEZ
DE AUDEN (DE BRUEGEL) | 2008
TÉCNICA MIXTA SOBRE TELA
95 X 100 CM



1º exercicio : interpretación do cadro utilizando  o recurso do collage2º exercicio : interpretación do cadro descompondo en formas simples e cores planas 3º exercicio : interpretación do cadro tomando como referencia un elemento de detalle do mesmo4º exercicio: interpretación do cadro desde unha visión persoal.  (video ,animación , fotografía )