viernes, 20 de diciembre de 2013

Debuxando con luz

O gran Picasso xa debuxaba con luz no 1949 http://dvazquez.net/dibujos-de-luz-de-pablo-picasso/, 
http://life.time.com/culture/pablo-picasso-draws-with-light-1949/
Para felicitar o Nadal , en Debuxo ocorréusenos facelo dunha forma diferente, debuxando con luz.
¿Como se fai?
 Pos a cámara en modo manual, o tempo de exposición déixalo o máximo posible, nós deixámolo 15 segundos, algunhas cámaras permítenche todo o tempo que aguantes presionando o botón, pensas no debuxo, debuxas sen ver, execútalo rápidamente ,calculando as distancias.
 As miñas alumnas de bacharelato practicaron ata conseguir crear formas e secuencias, transformando os debuxos nunha animación(stop motion light)
Un traballo de Noelia Riobó, Ana Gil , Melania Alves, Melany , Jenny e Jessica Chantada








viernes, 1 de noviembre de 2013

¡Eu SÍ creo que a arte pode cambiar o mundo !


Empezamos o curso con enerxía , e gritamos: ¡Eu SÍ creo que a arte pode cambiar o mundo !
Este é un traballo vídeocreativo das alumnas de debuxo artístico Melania e Ana , unha animación onde xogaron a ilustrar as fotos con photoshop , trátase  dunha mestura de rotoscopia e stop motion.


      ¡Queremos máis ARTE! .








Yo sí creo que el ARTE puede cambiar el mundo from Edu Plástica on Vimeo.
Videocreación de Melania Álves y Ana Gil -
EDUCACIÓN ARTÍSTICA-IES AS BARXAS
Música:
Freestyle Percussion Magik_-_Flamenco Flight (fuente Jamendo)


  •      + VIDEOARTE : ENLACE



domingo, 16 de junio de 2013

ENGURRAS

Esta animación está realizada polos alumn@s de debuxo artístico do IES as Barxas para o proxecto engurras , o relato animado é do
xenial escritor e poeta Miguel Ángel Alonso Diz , a voz en off é da nosa querida profe de galego Matilde. 
1º Debuxaron as ilustracións con carbón 
2º Retocáronse coa tableta e photoshop

3º A animación está realizada cunha aplicación do ipad (photopuppet)

















ENGURRAS from Edu Plástica on Vimeo.

sábado, 27 de abril de 2013

MailArt, con amor desde Moaña.
















SEDE Nº22- SALAMANCA, España: EXPO MAIL-ART
Mailart forma parte dunha serie de exposicións colectivas, internacionais e itinerantes abertas á participación de artistas-docentes de todo o mundo , terá  formato virtual e real, organizado por Ángeles  Saura .  ENLACE

Nos imos participar nunha das 24 exposicións :
 O proxecto MailArt de Camino Lopez.
 Consiste na creación de postales imaxinativas, nas que cada un dos meus alumn@s deixou algo seu ,poñendo corazón neste  fermoso proxecto.

A exposición será na casa das conchas Salamanca ver máis...

martes, 5 de marzo de 2013

Pintando nas Barxas


Esta avaliación cada alumn@ escolleu  a súa obra a interpretar,  debería ser de Tamara de Lempicka ou do británico e polifacético David Hockney , materiais: un lenzo e pintura acrílica.










sábado, 9 de febrero de 2013

UNHA FIESTRA Á ARTE

Un día calquera, é sempre un bo día para pintar polo pracer de pintar .VER ENLACE
O motivo; unha fiestra de Magritte que dá paso a un acto creativo. 
 Unha fiestra á arte , iso é o que queremos¡
 Unha fiestra aberta, as pechadas permítennos observar a través dos cristais pero non serven para conectarnos coa vida, coa arte. 
A pintura realizada no patio é obra dos alumn@s de debuxo artístico e de música de 1ºBACH.
A animación é de Ángel e Ana (1º BACH )que debuxaron unha ilustración  co brushes no ipad sobre a imaxe editada no video.