viernes, 20 de diciembre de 2013

Debuxando con luz

O gran Picasso xa debuxaba con luz no 1949 http://dvazquez.net/dibujos-de-luz-de-pablo-picasso/, 
http://life.time.com/culture/pablo-picasso-draws-with-light-1949/
Para felicitar o Nadal , en Debuxo ocorréusenos facelo dunha forma diferente, debuxando con luz.
¿Como se fai?
 Pos a cámara en modo manual, o tempo de exposición déixalo o máximo posible, nós deixámolo 15 segundos, algunhas cámaras permítenche todo o tempo que aguantes presionando o botón, pensas no debuxo, debuxas sen ver, execútalo rápidamente ,calculando as distancias.
 As miñas alumnas de bacharelato practicaron ata conseguir crear formas e secuencias, transformando os debuxos nunha animación(stop motion light)
Un traballo de Noelia Riobó, Ana Gil , Melania Alves, Melany , Jenny e Jessica Chantada