Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

"ROSALÍA AS BARXAS" ,1º ACCIÓN -"BERRAN os MUROS"

ROSALÍA AS BARXAS é un traballo fruto da coordinación  do EDNL (Brais Pérez ) e  o departamento de educación plástica do IES as Barxas. 
Aquí deixo este vídeo  co proceso de realización do MURAL  "ROSALÍA AS BARXAS"  realizado polas miñas alumnas e alumnos de DEBUXO ARTÍSTICO de 1º BACH , contamos coa axuda dos alumn@s de EDUCACIÓN PLÁSTICA de 4º ESO e do seu profe Chema, que se encargaron de preparar o muro e pintalo de branco.

Unha vez preparado o muro , realizamos o  deseño dixital do mural , unha mestura entre "a liberdade guiando ao pobo" e a nosa querida  Rosalía, xunto a ela, unhas rosas violeta, símbolo dun "remuiño violeta" nacido o ano pasado no corazón do IES as Barxas .

 Para finalizar incluímos un código QR que vos levará a un vídeo poema dos alumn@s de 2º Bach de debuxo artístico , premiado o ano pasado no festival audiovisual Olloboi.


A nosa inspiración, un mural de Banksy creado  nunha parede situada fronte á embaixada francesa en Londres, no …