miércoles, 5 de julio de 2017

EU SON MARUJA MALLO




Exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo  “EU SON MARUJA”
 As obras foron realizadas polo alumnado de bacharelato de Debuxo Artístico, dirixido pola profesora Luz Beloso, e comisariadas polo alumnado de Economía  dirixido pola profesora M Jose Soto .

 A mostra consta dunha serie de instalación e distintas obras artísticas (tridimensionais nalgúns casos), ao redor da GRAN MARUJA MALLO, muller e artista galega de carácter transgresor á que este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas.

Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, ademais de obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc. Tamén podemos atopar as últimas tendencias no campo das animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada, coa pretensión de encher o espazo do espíritu surrealista de Maruja, onde o espectador é convidado a moverse ao redor da peza e interactuar con ela.

Esta exposición homenaxe pretende ser un alegato en defensa dos dereitos da muller e ao dereito de facer visible tanto a Maruja coma a súa obra, tan inxustamente esquecida durante anos.

A experiencia forma parte do proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES, premiado pola “Plataforma Proyecta Innovación”, co obxectivo de crear e xestionar un centro de arte contemporánea no IES AS BARXAS e que pode seguirse a través da web do proxecto: https://luzbelos.wixsite.com/eusonmarujamallo







miércoles, 1 de marzo de 2017

MARUJA MALLO, A mensaxe do mar


Pronto celebramos o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo.
Empezamos interpretando a obra "A mensaxe do mar ,  pronto pasaremos á fase produción,  animación, e exposición o 1 de ABRIL
Os alumnos e alumnas de debuxo artístico atópanse na fase de produción artística, estamos envoltos na preparación dunha exposición homenaxe , onde teremos todo tipo de obra , desde instalacións artísticas, animacións, arte dixital a ilustracións e obra gráfica variada do alumnado ao redor desta xenial artista .




ILUSTRACIÓNS






Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo


Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo
 Para este proxecto artístico inspirámonos no movemento artístico Land art: a natureza como lenzo .

O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións no observador.
Nesta 1º fase da que teremos algunhas accións máis utilizamos os elementos naturais de forma sustentable na práctica das nosas  creaciónes.
Dentro do Proxecto transformando realidades utilizamos como lenzo as follas secas que nos atopamos estes días no patio do noso IES, este é o noso  tributo á natureza, transformando as follas en interpretacións de obras de arte e dándolles unha segunda vida.

Tamén queremos cambiar o  hábito de usar e tirar tan arraigado na nosa sociedade  e educar na reciclaxe  , todo pode ser transformado nunha obra de ARTE , inspirandonos no Drap-Art  , e apostando por unha ARTE SUSTENTABLE

Despois do traballo na folla , realizouse unha foto composición que será a obra exposta e tratouse   cada  imaxe  con retoque    dixital .